Package: grep Description-md5: f9188c5583d41955f3b3fe60b9d445f1 Description-gl: GNU grep, egrep e fgrep «grep» é un utensilio para buscar textos en ficheiros; pode ser usado desde a liña de ordes ou en scripts. Inda que non queira usalo, seguramente outros paquetes no seu sistema o farán. . A familia GNU de utensilios «grep» pode que sexa o «grep máis rápido do oeste». GNU «grep» basease nun comparador determinista de estado vago (unhas dúas veces máis rápido que o «egrep» de serie de Unix) mesturado con unha busca Boyer-Moore-Gosper para unha cadea fixa que evita que o texto imposible de encaixar sexa considerado polo buscador de expresións regulares completo. O resultado é normalmente varias veces máis rápido que o «grep» ou «egrep» de Unix. (Non obstante, as expresións regulares que usen referencias cara atrás executaranse máis lentamente). Package: tar Description-md5: 48033bf96442788d1f697785773ad9bb Description-gl: Versión GNU do utensilio de arquivo «tar» «Tar» é un aplicativo que permite empaquetar un conxunto de ficheiros en un só co formato «tar». A función que realiza é conceptualmente semellante a «cpio» e a cousas como «PKZIP» no mundo «DOS». Utilízase extensivamente no sistema de xestión de paquetes de Debian, e resulta útil para realizar copias de respaldo do sistema e para intercambiar conxuntos de ficheiros con outros.